sábado, 5 de abril de 2008

A nai máis nova do mundo



Pareceume de broma cando un día escoitei: "A nai máis nova do mundo tiña 5 anos e pico". Eu dixenme: "¡¡están de broma seguro!!" pero tras buscar información e atopar nomes e apelidos non me quedou nada máis que afirmar e tragarme o meu asombro.


A nena que foi nai con 5 anos 7 meses e 21 días de idade foi Lina Medina.

Foi o pai de Lina Medina, Tiburcio Medina, quen notou que a súa filla tiña o ventre abultado e ante as superticións dos seus veciños (que decían que tiña dentro unha serpe), este levouna xunto os chamáns da aldea, e estes aconsellaronlle que a levara a Pisco, a cidade máis cercana pensando que tiña un tumor.

O 14 de Mayo de 1939, deu a luz a un neno mediante cesárea realizada polos médicos Dr. Lozada, Dr. Rolando Coraleta e Dr. Busalleu.

Ela concebira ó fillo ca idade de catro anos e oito meses, e fora ós dous anos e oito meses de idade cando empezara a menstruar.

Gerardo Medina, o fillo de Lina, foi criado coma o décimo fillo dos seus avós, e foi á idade de dez anos cando se enterou de que Lina era a súa nai e non a súa irmá. En 1979, cando tiña 40 años, morreu dunha rara enfermidade na médula ósea.



Realmente un caso abraiante.

No hay comentarios: